Club de lectura Quérote +
As bibliotecas municipais organizan este club de lectura dirixido a rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos.
A partir dunha serie de propostas de lectura e do uso de ferramentas e dispositivos, facilítase a posibilidade de xerar contido propio, suxerir contidos relacionados, elaborar propostas de participación novas e diferentes...
O club de lectura Quérote+ nace da colaboración entre a biblioteca e os Centros Quérote+ da Xunta de Galicia, un servizo de información e asesoramento á mocidade galega arredor da saúde emocional e do benestar social e máis concretamente en relación co asocioacionismo, as relacións saudables (sociais e amorosas) e o lecer e o tempo libre.
Nenhum comentário:
Postar um comentário