Aproveitamos para convidalo a participar con nós nunha sesión do noso Club de lectura, arredor do tema da literatura para adolescentes...
Presentación: CAMIÑOS
NA SOMBRA
de XIÁN LOIS ALCAYDE DANS
Varios alumnos e alumnas do noso Club de lectura levaron a cabo unha emotiva e fermosísima presentación que queremos partillar con vós....
"Eu son Balbino (co libro “Memorias dun neno labrego”, na man…) coma quen di un niguén"…
"Eu son Balbino (co libro “Memorias dun neno labrego”, na man…) coma quen di un niguén"…
(Deixa o libro confundido e colle os papeis)
"Eu
son Xián… (confuso e aturdido) …. eu son
Rubén, eu son Liam, Tamara, Carlos, Cintia, Lina, Iván Yuyi, Julia".…
" Eu son JULIA, unha rapaza da Coruña, coma calquera outra,
coma quen di unha ninguén"….
(Detén a súa lectura, , mira para o seu
arredor, e pregunta ao público):
Pero, que facemos hoxe aquí?...
(Mira
a Xián e segue a ler)
"Hai xa máis
de.....”moitos” ou “poucos” anos, cheguei a este instituo. As clases, os profes,
os compañeiros e compañeiras... todo novo. Eu sentíame dun xeito extraño...
Pero alí había un lugar especial, unha
porta aparentemente igual que as demais, pero que daba entrada a un lugar
máxico para min, onde os libros eran donos dun espazo preferente.
Aquel sitio era a
BIBLIOTECA, e converteuse para min en refuxio, en ventre, en colo, en sangue
que enchía o meu corpo, o meu corazón e a miña cabeza de historias.
Convertín
a BIBLIOTECA no meu refuxio, no meu “lugar” para ler, para escribir, para estar
en calma, para evadirme dunhas clases que pouco me gustaban, tamén alí facía “os deberes”, pero
sobre todo, para evadirme nuns intres do mundo exterior e entrar no meu mundo,
grande ou pequeno, pero cheo de personaxes e seres fantásticos.
Xa era unha persoa
mais dese “club de los raros” do que fala Jordi Sierra i Fabra".
----------------------------------------------------------------------
(Óese unha berro ao lonxe)
“BALBINO, BALBINO”..........demo de
rapaz, sempre embobado coas súas lerias.....e o Manolito, sempre a bater nel,
porque, sabedes?, o Manolito é o señorito da parroquia...
-------------------------------------------------------------------
Lembro agora
un dos meus autores “especiais” , Jordi Sierra, que con só 11 anos xa escribía unha “novela” de máis de 500 páxinas cheas
dunha imaxinación desbordante , pero castrada por unha profesora de literatura que non foi quen de entender a súa fantasía.
Ese neno, que hoxe, xa peitea canas e destila rock and roll pola súa pel, é hoxe un home que ama con paixón a música, o
cine, a literatura, o teatro,.... e a VIDA, así con maiúsculas. E afirma contundentemente
que non pode vivir sen a ESCRITURA, e sen a LECTURA.
Xián tamén necesita escribir para vivir....
Este
feixe de relatos que nos presenta Xián, pensamos que son o froito dun longo e
coidadoso traballo de escritura, de moitas lecturas, de moitas viaxes a través
das palabras que o autor manexa con asombrosa mestría. A dun escritor, que
a pesar dos seus poucos anos, mostra unha madurez incríble coma persoa e como
creador.
Un IMPULSO percorre o libro, a bordo dun SIMCA 1000. As Células entran en revolución cando descubrimos o misterio da vida
ao andar Entre o millo. O Caimán asexa
cós seus prismáticos e coa cámara o baño das rapazas mentres Dona Corcheta loce o seu elegante
abrigo importado de Rusia
LEMBRAS? Un pasado triste e
noxento xúnguenos a todas e a todos,
herdeiros dunha guerra cruel e incivil. O
susto dunha estufa, acendida toda a noite, prende o lume na soidade dun
home feble e namorado.
Todo isto adubiado
por unha língua (o galego) moi rica en plenitude, chea de poesía, de música, de
personaxes perfectamente construídos, de enumeracións tecidas co tempo da
arañeira constante e teimuda que agarda
polas súas presas: NÓS,
lectores e lectoras engaiolados coa súa maxia.
Anímovos
a todas e todos a camiñar con Xián polo camiño dos libros e das historias
acontecidas, e das que aínda están por acontecer. Xián, esperámoste de novo
para que nos traias moitas e moitas máis......
GRAZAS
por estar con nós...
Nenhum comentário:
Postar um comentário