Blog da Biblioteca do IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña)
14 de fev. de 2017
#Rosalíate
Cada clase de 1º ESO do IES Ramón Otero Pedrayo fixo a súa interpretación da poesía de Rosalía. Unha das clases, escolleu versos recoñecibles da súa poesía, segundo os seus propios gustos.
Pasamos dúas semanas recitando Rosalía e escollendo poemas. Este ano gustou moito, aínda que non apareza no vídeo, Agora cabelos negros.
Pero o gañador absoluto foi Adiós ríos, adiós fontes. Moito do noso alumnado xa o coñecía e lembrábao enteiro, recitado e cantado.
Nenhum comentário:
Postar um comentário