PROXECTO DE
CENTRO “MÁIS POLA IGUALDADE”.-
29 de jun. de 2018
PROXECTO DE CENTRO "MÁIS POLA IGUALDADE"
7 de jun. de 2018
A LINGUAXE É UNHA MANEIRA DE VER O MUNDO
SEXISMO NA LINGUAXE.-
30 de abr. de 2018
ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO
Hoxe, día 30 de abril,o alumnado de 4º de ESO e do Club de Lectura recibiu a visita do escritor Marcos Calveiro, que veu a falarnos do seu libro Días azuis, sol da infancia, una fermosa historia de amor, contada por un rapaz e co fondo da Guerra Civil.
22 de mar. de 2018
OBRADOIRO DE MÚSICA E POESÍA CON CÉ, ORQUESTRA PANTASMA no Día da poesía
OBRADOIROS DE MÚSICA,POESÍA, BAILE e
INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAIS con
CÉ,
ORQUESTRA PANTASMA...
O xoves anterior ás vacacións de Semana
Santa, o 22 de marzoe para festexar o Día da POESÍA o alumnado de 1 e
2º de ESO compartiu co músico e artesán César Frieira un obradoiro de música, poesía e baile tradicional.
Cé fíxo bailar e cantar tamén, no patio do instituto, a todo o alumnado que no recreo se quiso
achegar a escoitalo. Mostrounos a maneira de facer os nosos propios instrumentos
musicais con chapas, con canas de madeira, con follas… e con moita moita
imaxinación. Coas súas cancións
lembrounos a importancia da poesía e da música en galego, a través dos versos
de Rosalía ou Manuel María, aos que pon música coa peculiar “orquestra” que leva incorporada.
19 de mar. de 2018
BATAS DAS MULLERES BRAVAS
“BATAS DE MULLERES BRAVAS” no mes de marzo no instituto...
No mes de marzo, quixemos
facerlles unha homenaxa ás nosas mulleres traballadoras, na terra, no mar, na
casa. MULLERES valentes, fortes, curtidas polo sol, o frío, pola vida,
sufridas e sufridoras, BRAVAS.
Colleitamos
batas e batas entre as nosas avoas,
tías, nais…e fixemos un tendal de todas elas. Nos bolsiños das batas fomos colocando aqueles
textos suxeridores do traballo de cada unha desas bravas mulleres que pasaron polas nosas vidas. Así xurdiron unhas belísimas
cartas cheas de amor, de tenrura, de recoñecemento e de agradecemento a cada
unha delas. Acompañamos cada carta cunha foto da muller a que ía dirixida.
8 de mar. de 2018
MURAL “MÁIS POLA IGUALDADE"
- MURAL “MÁIS POLA IGUALDADE”: 7 de marzo de 2018:
Contamos coa axuda de Luis Davila para levar a cabo un fermosísimo mural na fachada principal do noso IES, no que participaron, ademais de Luis, a súa compañeira María e todo o alumnado do centro. Para isto, elabloramos quendas en cada hora, para que todos e todas puideramaos formar parte desde traballo colectivo. Tamén no mes de marzo fixemos na biblioteca unha exposición dos libros coas viñetas de Davila e colgamos na rede do corredor algunas das súas viñetas referidas ao traballo das mulleres.
26 de fev. de 2018
DÍA DE ROSALÍA
Para conmemorar o Día de Rosalía, fixemos una exposición na biblioteca con imaxes de Rosalía feitas polo alumnado , así como poemas adicados a ela. Tamén fixemos una escolla entre todos os libros dela que temos na nosa biblioteca e que nos serviron para as lecturas que fixemos nas diferentes aulas e na propia biblioteca.
31 de jan. de 2018
DÍA DA PAZ NA BIBLIOTECA
Día da Paz na biblioteca
Celebramos o Día da Paz lendo textos, recitando poemas, escoitando música e voces que loitan contra todo tipo de violencia.
Xuntamos as nosas palabras coas de todas aquelas persoas que antes de nós alzaron a súa voz para defender o noso dereito a vivir en Paz...
Assinar:
Postagens (Atom)