“BATAS DE MULLERES BRAVAS” no mes de marzo no instituto...
No mes de marzo, quixemos
facerlles unha homenaxa ás nosas mulleres traballadoras, na terra, no mar, na
casa. MULLERES valentes, fortes, curtidas polo sol, o frío, pola vida,
sufridas e sufridoras, BRAVAS.
Colleitamos
batas e batas entre as nosas avoas,
tías, nais…e fixemos un tendal de todas elas. Nos bolsiños das batas fomos colocando aqueles
textos suxeridores do traballo de cada unha desas bravas mulleres que pasaron polas nosas vidas. Así xurdiron unhas belísimas
cartas cheas de amor, de tenrura, de recoñecemento e de agradecemento a cada
unha delas. Acompañamos cada carta cunha foto da muller a que ía dirixida.
Nenhum comentário:
Postar um comentário